Laicismo

O laicismo[1] é a estratexia ou posta en práctica que se fai desde o poder ou desde partes influentes da sociedade para recortar o poder relixioso sobre a sociedade; así como constituír o Estado laico.

Os primeiros movementos de laicismo tiveron lugar no Renacemento, e se desenvolveron moito despois, no século XVIII en Europa. Contaron coa oposición da Igrexa: a encíclica Quanta Cura, de Pío IX; e o Concilio Vaticano Primeiro amósanse contrarios ó laicismo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para laicismo.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search